Get Adobe Flash player

Turismo de Natureza

Turismo Ornitolóxico.

Galicia pola súa posición xeográfica é un lugar privilexiado para ver aves tanto polos seus humedais como por ser unha zona de paso das migracións.

Recomendámoslle as seguintes rutas, que se poden facer por separado ou combinadas en varias xornadas, consúltenos esta opción.

  • Rutas polo Complexo intermareal Umia-O Grove
  • Ruta de Punta Carreirón – Illa de Arousa
  • Ruta de Castrelo – Cambados
  • Rutas pola Enseada de San Simón (Ria de Vigo)
  • Ruta de Cabo Udra – Bueu

Sendeirismo.

Ofrecemos un servizo de calidade e integral de deseño e programación de rutas de interese ambiental, etnográfico e patrimonial.

Entre os programas de rutas que se poderían desenvolver estan:

  • Coñece o teu contorno: programa de roteiros que teñen como obxectivo coñecer mellor a contorna máis inmediata.
  • Coñece os espazos naturais de Galicia: Invitamos a coñecer a fascinante natureza galega a través dos seus espazos protexidos, patrimonio de todos nos. Contamos con guías oficiales do PN das Illas Atlánticas de Galicia.
  • Programas temáticos: Estes programas poden realizarse ao redor de temas coma o coñecemento das aves, o patrimonio etnográfico, os petroglifos…
Be Sociable, Share!