Get Adobe Flash player

Simbiose

Click para ir al blog

Simbiose Blog

Presentación

O Grupo Simbiose é un proxecto conxunto das empresas Ventos Estudos Ambientais, Teixugo Sociedade Cooperativa e Helios Educación e Xestión Ambiental.

Somos empresas constituídas por persoas cunha longa traxectoria de traballo no eido do Medio Ambiente, a Educación Ambiental e a Interpretación do Patrimonio.
Entendemos e exercemos o noso traballo cunha comprometida visión ética e social, e dende a perspectiva da intercooperación coa cas tres empresas levamos traballando conxuntamente dende fai anos.
Optamos pola unión e a cooperación, defendendo ser competentes antes que a competitividade, o esforzo común fronte ás rivalidades.
Apostamos por un traballo innovador, baseado no capital humano e a solidez que nos aportan máis de vinte anos de experiencia e aprendizaxe.

Adaptamos os nosos proxectos, plans e programas a cada colectivo destinatario, personalizando especificamente cada proposta a medida das necesidades de cada cliente.
Elaboramos campañas e proxectos propios ou a demanda, tanto para institucións, grandes colectivos ou para pequenos grupos.

Invitámoslle a coñecernos, ben participando nalgunha das nosas actividades ou solicitandonos información sen compromiso.

Be Sociable, Share!