Un Mandala é unha imaxe cun centro e cunha simetría organizada en catro eixes, os catro puntos cardinais, aínda que poden ser 2, 3, …, 8…
A súa función pode pasar do puramente decorativo ao seu uso como un medio de relaxación ou desenvolvemento mental.
Para o seu deseño pódense empregar pigmantos de todo tipo e orixe, areas coloradas, fíos, materiais naturais, e pódense realizar sobre moitos soportes diferentes (papel, teas, chan).
Imos aprender a deseñar mandalas individuais a partir de elementos de uso cotián que calquera pode ter á súa disposición. Trátase de iniciar un proceso que posteriormente pódese reproducir facilmente por cada participante sen a necesidade de grandes investimentos.
Promoveremos o aspecto creativo que existe dentro de cada persoa.