Simbiose

O Grupo Simbiose é un proxecto conxunto das empresas Teixugo Sociedade Cooperativa e Ventos Estudos Ambientais.

logo simbiose

Somos empresas constituídas por persoas cunha longa traxectoria de traballo no eido do Medio Ambiente, a Educación Ambiental e a Interpretación do Patrimonio.
Entendemos e exercemos o noso traballo cunha comprometida visión ética e social, e dende a perspectiva da intercooperación coa que levamos traballando conxuntamente dende fai mais de 25 anos.
Optamos pola unión e a cooperación, defendendo ser competentes antes que a competitividade, o esforzo común fronte ás rivalidades.
Apostamos por un traballo innovador, baseado no capital humano e a solidez que nos aportan máis de vinte anos de experiencia e aprendizaxe.

Adaptamos os nosos proxectos, plans e programas a cada colectivo destinatario, personalizando especificamente cada proposta a medida das necesidades de cada cliente.
Elaboramos campañas e proxectos propios ou a demanda, tanto para institucións, grandes colectivos ou para pequenos grupos.

Logo Teixugo 2021
Ventos
faia1
talud verde
logo_CEM
previous arrow
next arrow