Servizos
O noso traballo axústase sempre aos intereses e necesidades do cliente e ós destinatarios, polo que cada un dos nosos proxectos desenvólvese de forma personalizada segundo a demanda.
O noso reto fundamental como equipo de profesionais é achegar a nosa colaboración técnica nos procesos que perseguen unha relación equilibrada entre o Desenvolvemento das Persoas, a Mellora do Medio Ambiente e a Conservación do Patrimonio. Así, aspectos como a participación social na resolución dos problemas ecolóxico/ambientais, ou a capacitación para avaliar e integrar valores cunha actitude crítica e construtiva, son ao mesmo tempo, o fin e o medio do noso quefacer laboral cotián.
As nosas principais liñas de traballo son:
- Educación Ambiental
- Programas e proxectos de Educación Ambiental
- Creación, xestión e desenvolvemento de Aulas de Natureza e outros equipamentos ambientais
- Turismo de natureza
- Turismo ornitolóxico
- Sendeirismo
- Xestión Ambiental
- Asesoría Ambiental
- Informes Técnicos
- Plans de calidade
- Interpretación do Patrimonio
- Creación e xestión de Centros de Interpretación, Centros de Visitantes e Centros de Información ao público
- Deseño de itinerarios interpretativos
- Formación en Interpretación do Patrimonio
- Deseño de materiais
- Formación
- Actividades de Lecer e Tempo Libre
- Obradoiros
- Campamentos ambientais
- Artesanía