Guía de etiquetado ecolóxico para oficinas e fogares

Etiquetado ecolóxico

Etiquetado ecolóxico

Esta pequena guía pretende ser unha axuda para poder realizar as compras utilizando criterios ecolóxicos.

Actualmente abundan as etiquetas que nos dan información sobre características do produto: calidade, medio ambiente, seguridade de uso… pero moitas veces é difícil saber que é o que significa cada unha das etiquetas. A isto xúntaselle a existencia de etiquetas “falsamente” ecolóxicas como por exemplo as que din que o papel é “libre de cloro elemental” (non usan cloro elemental pero usan cloro, o que é case o mesmo).

Cando nos decidimos a afrontar a redución do impacto ambiental en calquera ámbito, tendemos a ver só a solución óptima dende o punto de vista ambiental, sen pararnos a pensar a posibilidades que ofrecen os nosos recursos e a implicación da nosa comunidade. Como resultado, por desgraza, isto soe levar ao abandono das nosas pretensións e apenas moverse da situación de partida.

Para evitar o desánimo a hora de encarar melloras ambientais débense establecer obxectivos básicos e facilmente alcanzables. Unha vez que temos estes asegurados podemos pensar en seguir mellorando implantando melloras máis ambiciosas.

É importante sinalar que calquera mellora, por pequena que nos pareza, terá o efecto multiplicador de centos de organizacións e persoas que nese momento tamén empezan a facela. Así por exemplo, o pequeno xesto de apagar as luces cando non son necesarias aforra na nosa factura uns poucos euros, pero son toneladas de CO2 que non van á atmosfera se temos en conta toda a xente que está a facer o mesmo xesto ca nos.

Se están interesados en realizar unha mellora ambiental ou en facernos calquera outra consulta, non dubiden en poñerse en contacto con Teixugo S. Coop., estaremos encantados de atendelos.

{filelink=1}